miércoles, 19 de febrero de 2025

O club dos raros

 Na despensa sempre hai moito que ler e contar, este martes, o alumnado traballou co libro " El club de los raros"👦👧👨👩


Os protagonistas aprenden que as súas diferenzas son os que os fan especiais e que todos e todas, dalgunha maneira, somos “raros” en relación ás nosas individualidades. De aí a importancia da tolerancia e o respecto cara aos demais.🙌

Esta nova sesión da “Despensa” ten por obxectivo fomentar a autoestima e o autoconcepto, recoñecendo e aceptando as diferenzas e estimulando a creatividade e a expresión emocional a través da lectura e de distintas dinámicas de grupo que conviden a compartir pensamentos e sentimentos.

Nas seguintes fotos poderedes ver anaquiños desta reunión.







Seguiremos coñecendo máis da historia de Hugo e Bernado, o próximo martes máis!!

Grazas Andrea por sumar experiencias ao noso club de lectura 💗


No hay comentarios:

Publicar un comentario