miércoles, 26 de febrero de 2025

O club dos raros II

 Este martes tivo lugar a segunda parte da actividade co libro " El club de los raros" coa profe Andrea.

Iniciamos a sesión con pequenas dramatizacións de distintos capítulos do libro coa intención de reflexionar sobre a importancia do respecto mutuo para construír relacións saudables 👭

Continuamos coa lectura e fixemos fincapé na aceptación como clave para fortalecer a autoestima e o autoconcepto👤

Por último, creamos a "cadea da amizade e o respecto" para simbolizar como as accións e cualidades de cada un están conectadas.

O traballo das dúas sesións, quedou plasmado de forma visual, nun pequeno mural onde comprometémonos a tratarnos con tolerancia e respecto tendo claro que a diversidade pode ser un punto de conexión, non de rechazo.

Velaquí algunhas fotos da xuntanza







Moitas gracias ás familias por participar na Despensa, é un pracer para nós que formedes parte das actividades programadas. 
Que máis atoparemos pola Despensa na próxima reunión?

No hay comentarios:

Publicar un comentario