jueves, 18 de junio de 2026

Enredados en Soños de mar

Pechamos a nosa Despensa cunha sesión moi amena coa actriz e profesional das artes escénicas, Rebeca, mestra tamén dunha escola de teatro de A coruña.

A Casiña de Faiuco converteuse nun escenario para dramatizar pequenas escenas da obra lida.

A sesión comezou cunha búsqueda de pergamiños📜📜 escondidos pola biblioteca, os nenos e nenas debían superar retos creativos: dende compoñer cantigas ata dar vida ao mar e ao temible " Congro xigante".

Transformouse a biblio coa axuda de redes de pesca como elemento escénico, onde os escolares representaban fragmentos clave do libro. 

Recreando así o mar de Muxía🌊, con ondas de plástico que os deixaban empapados de pura imaxinación.

Convertémonos en auténticos buscadores de tesoros rastrexando pergamiños por cada recuncho, igual que fixo Alex na igrexa. Superamos probas dignas dos mellores trobadores, convertendo o tradicional leixaprén e o paralelismo no rap máis pegadizo da Costa da Morte.

¡Incluso logramos que o Congro Xigante asomara a cabeza entre os nosos plásticos!

Namentres, un coro estratéxico ocultábase detrás das redes da pesca, demostrando que as nosas voces soan moito mellor que os "ronquidos dun monstruo" ao tocar a zanfoña.

Ao final, nin os arpóns de Maruxa foron tan efectivos como as ganas do noso alumando de pasalo ben.

Velaquí un resumo da interpretación dos nenos e nenas co mestre Álvaro.



Cuidado, Martiño da Grixa, que estes novos poetas veñen  pisando moi forte e sen medo a ningún becho marino!

Un peche do club de lectura no que a literatura, a tradición galega eo teatro se deron a man 💛

O vindeiro curso, reabrimos a Despensa con moitas máis novidades!!

Aburiño👋



lunes, 27 de abril de 2026

Soños de mar

 Na Despensa estamos lendo "Soños de mar" de X. H Rivadulla Corcón, unha obra que escolleron os nenos e nenas para ler no noso club de lectura.


Unha obra que versa sobre o amor💓de Álex e Lola na súa mocidade.

Álex quere ser poeta e está namorado da súa compañeira de aula, Lola.

No soto dunha igrexa de Muxía, Álex atopa un pergamiño cun poema inacabado de Martiño de Grixa, un trobador.

E con este contexto, sucede unha historia de amor na que buscan saber como remata o poema do pergamiño. O protagonista segue os consellos do seu avó finado e no medio aparece un monstruo mariño co que debe "loitar".

A misión de Álex é namorar a Lola, poderá conseguilo?

Antes de saber como remata a historia, o alumnado tivo unha conversa nos estudios de Radio Corpiño onde falaron abertamente do AMOR.

Saíron temas moi actuais: relacións sentimentais, tipos de amor, sentimentos, atración por unha persoa, celos, idade para namorar, redes sociais, que é gustar ou que é querer... cadaquén fixo as súas aportacións sempre dende o respecto.

Se queredes escoitar a conversa, pinchade no seguinte enlace:

Soños de mar

Agora toca seguir lendo para coñecer o final desta historia📕.


miércoles, 4 de marzo de 2026

A nova fábrica de Wonka

Abre a Despensa, nova xuntanza de reflexión😃

Comeza a sesión cun sobre dourado que explica un acontecemento que impide a inauguración da nova fábrica; a receita perfecta do chocolate desapareceu😒!!

Superando unha serie de probas poderemos rescatala? Que farían neste caso os nosos protagonistas?

Para poñer en marcha a fábrica de novo precisamos traballadores, un equipo responsable que afronte esta nova etapa. Un xogo para adiviñar de que personaxe estamos a falar será o filtro que hai que pasar valorando si deben ou non formar parte desta andaina.



Hai receita secreta para elaborar o chocolate?

Debemos atopar a fórmula final pasando unha serie de probas, así teremos todo listo para a inauguración🎊

🍫Ordenar unha frase de Wonka

🍫Asociar cada personaxe cun valor

🍫Descifrar unha palabra cun código sinxelo

🍫Resolver un enigma visual


Finalmente, unha degustación de chocolate cerra esta reunión.

Álvaro, o profe que organiza a xuntanza, trae por quendas distintos tipos de chocolates (con pistachos, branco, negro, con améndoas..) namentres o saborean deben relacionar esa sensación cos personaxes; Charlie, Wonka, Veruca... 

Que chocolate representa mellor a cada un deles?



"Coa forza da creatividade, a bondade, a imaxinación e a xustiza... declárase oficialmente inaugurada a nova fábrica de Wonka"

Moitas gracias a todos os asistentes, foi unha xuntanza ben amena👥

martes, 27 de enero de 2026

Wonka abre a Despensa

 Benvid@s de novo a nosa Despensa

Comezamos unha nova andaina cunha lectura moi entretida "Charlie e a fábrica de chocolate". Unha historia de Roald Dahl caracterizada polo seu humor e coñecida mundialmente por ser unha das xoias da literatura infantil.

Froito do seu éxito son as numerosas traducións a distintas linguas e por suposto a adaptación cinematográfica no ano 2005.

É por iso que para falar desta obra na Despensa, visionamos Wonka, que se centrou nas orixes do personaxe e nas súas aventuras antes de fundar a fábrica.


E así foi como gozaron destas sesións os nenos e nenas de 5º e 6º EP e as súas familias😃




"A verdadeira felicidade é compartir e facer o ben, non a ambición desmedida. As boas accións teñen recompensas inesperadas"

Pronto máis novidades...


jueves, 12 de junio de 2025

Memoria emocional colectiva

 Xa na recta final do curso fixemos a última reunión da Despensa😉

Nesta ocasión a Despensa organizou unha actividade sobre a memoria emocional colectiva a través de fragmentos de libros, aqueles que xa coñecían os nenos e nenas.

Comezamos facendo un exercicio para compartir dentro do grupo os recordos, anécdotas, emocións, persoas...que inflúen na súa identidade e cohesión.

A casiña de Faiuco foi o lugar que acolleu aos grupos de traballo á hora de reflexar os recordos, que deixaron florececer un sinfín de emocións.





Logo, cada un deles colleu dun tarriño un papel no que estaban escritas citas de libros clásicos: Harry Potter, O principiño, O Diario de Greg, As bruxas, Matilda...





Desta actividade naceu unha reflexión común sobre a idea que o autor ou autora nos quere transmitir a través do texto, do personaxe, coa historia...

E para rematar e despedir este curso, unha rica merendola 😜


Moitas gracias aos integrantes da Despensa, o ano que vén máis e mellor 💕
Graciñas nenos e nenas polas vosas opinións💚




viernes, 16 de mayo de 2025

Obradoiro de Regueifas

 Co gallo das Letras Galegas, a Despensa traballou co arte de regueifar.

Tradición galega que consiste nun diálogo cantando improvisado, onde dúas ou máis persoas rétanse a través dos versos, xeralmente empregando a retranca galega: a ironía.

Ademais, os nenos e nenas gozaron da lectura do libro de María Lado, "Canta, miña compañeira", que lles fixo viaxar no tempo e coñecer a curiosidade que movía a unhas cantas mulleres.

E con ganas de aprender máis sobre esta arte, convidamos a dous regueifeiros á Casiña de Faiuco.


Pinto de Herbón e Luís Caruncho ensinaron aos nenos e nenas, participantes do noso club de lectura, a crear as súas propias regueifas para así manter a nosa poesía oral viva, a tradición, a nosa Lingua, a cultura... pois debemos ser partícipes na conservación desta arte.

Esta ocasión que brinda a homenaxe ás cantareiras e pandareteiras é perfecta para ofrecer ao noso alumnado a posibilidade de coñecer dende preto a expresión cultural que nos rodea. Valorar a importancia do cancioneiro popular e achegarnos á poesía oral, a través da rima, da entoación, do acompañamento musical, das figuras retóricas...

Deixamos por aquí un vídeo para que vexades o ben que o pasamos no obradoiro, onde ao mellor, quen sabe, nace un novo regueifeiro ou regueifeira.



E rematamos, esta xornada do mércores, coa entrevista aos nosos convidados.
Escoitádea, porque foi todo un éxito!!


Queda pouco para rematar o curso pero, haberá outra sesión máis na Despensa!



miércoles, 7 de mayo de 2025

Nin me amoles

 Ana Carreira, autora do libro que tiñamos entre mans esta tempada visista A Casiña de Faiuco 👏

Co gallo da visita organizamos unha xornada de convivencia co CEIP Lagostelle de Guitiriz que, coma nós traballaron coa obra de Ana nas súas aulas.

Nun encontro ben agradable, a autora do libro " Nin me amoles" contou unha serie de historias que deixaban entrever unhas cantas reflexións. Versaban sobre a autoestima, a propia aceptación, a superación, os valores do esforzo, o feminismo, os arraigados roles de xénero que deben mudar, os esteriotipos da sociedade actual... pero sempre dende o humor e empregando unha dinámica de participación e implicación do alumnado.



Se a todo isto lle sumamos a oportunidade de recibir no noso cole aos compañeiras e compañeiras do cole veciño, o encontro non pode ser mellor👌

Tanto é así que, Radio Corpiño ten novo podcast entrevistando a nosa convidada.



Unha sesión inmellorable para ambos club de lectura, podendo socializar, interactuar, intercambiar, xogar, conversar, rir...da man da lectura.

Agardamos máis actividades, que sexa a primeira de moitas👥

Mil gracias Ana por aceptar a nosa invitación e deleitarnos co teu bo contar👏