lunes, 27 de abril de 2026

Soños de mar

 Na Despensa estamos lendo "Soños de mar" de X. H Rivadulla Corcón, unha obra que escolleron os nenos e nenas para ler no noso club de lectura.


Unha obra que versa sobre o amor💓de Álex e Lola na súa mocidade.

Álex quere ser poeta e está namorado da súa compañeira de aula, Lola.

No soto dunha igrexa de Muxía, Álex atopa un pergamiño cun poema inacabado de Martiño de Grixa, un trobador.

E con este contexto, sucede unha historia de amor na que buscan saber como remata o poema do pergamiño. O protagonista segue os consellos do seu avó finado e no medio aparece un monstruo mariño co que debe "loitar".

A misión de Álex é namorar a Lola, poderá conseguilo?

Antes de saber como remata a historia, o alumnado tivo unha conversa nos estudios de Radio Corpiño onde falaron abertamente do AMOR.

Saíron temas moi actuais: relacións sentimentais, tipos de amor, sentimentos, atración por unha persoa, celos, idade para namorar, redes sociais, que é gustar ou que é querer... cadaquén fixo as súas aportacións sempre dende o respecto.

Se queredes escoitar a conversa, pinchade no seguinte enlace:

Soños de mar

Agora toca seguir lendo para coñecer o final desta historia📕.


No hay comentarios:

Publicar un comentario