Co gallo das Letras Galegas, a Despensa traballou co arte de regueifar.
Tradición galega que consiste nun diálogo cantando improvisado, onde dúas ou máis persoas rétanse a través dos versos, xeralmente empregando a retranca galega: a ironía.
E con ganas de aprender máis sobre esta arte, convidamos a dous regueifeiros á Casiña de Faiuco.
Pinto de Herbón e Luís Caruncho ensinaron aos nenos e nenas, participantes do noso club de lectura, a crear as súas propias regueifas para así manter a nosa poesía oral viva, a tradición, a nosa Lingua, a cultura... pois debemos ser partícipes na conservación desta arte.
Esta ocasión que brinda a homenaxe ás cantareiras e pandareteiras é perfecta para ofrecer ao noso alumnado a posibilidade de coñecer dende preto a expresión cultural que nos rodea. Valorar a importancia do cancioneiro popular e achegarnos á poesía oral, a través da rima, da entoación, do acompañamento musical, das figuras retóricas...
Deixamos por aquí un vídeo para que vexades o ben que o pasamos no obradoiro, onde ao mellor, quen sabe, nace un novo regueifeiro ou regueifeira.
E rematamos, esta xornada do mércores, coa entrevista aos nosos convidados.
Escoitádea, porque foi todo un éxito!!
Queda pouco para rematar o curso pero, haberá outra sesión máis na Despensa!