miércoles, 4 de marzo de 2026

A nova fábrica de Wonka

Abre a Despensa, nova xuntanza de reflexión😃

Comeza a sesión cun sobre dourado que explica un acontecemento que impide a inauguración da nova fábrica; a receita perfecta do chocolate desapareceu😒!!

Superando unha serie de probas poderemos rescatala? Que farían neste caso os nosos protagonistas?

Para poñer en marcha a fábrica de novo precisamos traballadores, un equipo responsable que afronte esta nova etapa. Un xogo para adiviñar de que personaxe estamos a falar será o filtro que hai que pasar valorando si deben ou non formar parte desta andaina.



Hai receita secreta para elaborar o chocolate?

Debemos atopar a fórmula final pasando unha serie de probas, así teremos todo listo para a inauguración🎊

🍫Ordenar unha frase de Wonka

🍫Asociar cada personaxe cun valor

🍫Descifrar unha palabra cun código sinxelo

🍫Resolver un enigma visual


Finalmente, unha degustación de chocolate cerra esta reunión.

Álvaro, o profe que organiza a xuntanza, trae por quendas distintos tipos de chocolates (con pistachos, branco, negro, con améndoas..) namentres o saborean deben relacionar esa sensación cos personaxes; Charlie, Wonka, Veruca... 

Que chocolate representa mellor a cada un deles?



"Coa forza da creatividade, a bondade, a imaxinación e a xustiza... declárase oficialmente inaugurada a nova fábrica de Wonka"

Moitas gracias a todos os asistentes, foi unha xuntanza ben amena👥