viernes, 16 de mayo de 2025

Obradoiro de Regueifas

 Co gallo das Letras Galegas, a Despensa traballou co arte de regueifar.

Tradición galega que consiste nun diálogo cantando improvisado, onde dúas ou máis persoas rétanse a través dos versos, xeralmente empregando a retranca galega: a ironía.

E con ganas de aprender máis sobre esta arte, convidamos a dous regueifeiros á Casiña de Faiuco.


Pinto de Herbón e Luís Caruncho ensinaron aos nenos e nenas, participantes do noso club de lectura, a crear as súas propias regueifas para así manter a nosa poesía oral viva, a tradición, a nosa Lingua, a cultura... pois debemos ser partícipes na conservación desta arte.

Esta ocasión que brinda a homenaxe ás cantareiras e pandareteiras é perfecta para ofrecer ao noso alumnado a posibilidade de coñecer dende preto a expresión cultural que nos rodea. Valorar a importancia do cancioneiro popular e achegarnos á poesía oral, a través da rima, da entoación, do acompañamento musical, das figuras retóricas...

Deixamos por aquí un vídeo para que vexades o ben que o pasamos no obradoiro, onde ao mellor, quen sabe, nace un novo regueifeiro ou regueifeira.



E rematamos, esta xornada do mércores, coa entrevista aos nosos convidados.
Escoitádea, porque foi todo un éxito!!


Queda pouco para rematar o curso pero, haberá outra sesión máis na Despensa!



miércoles, 7 de mayo de 2025

Nin me amoles

 Ana Carreira, autora do libro que tiñamos entre mans esta tempada visista A Casiña de Faiuco 👏

Co gallo da visita organizamos unha xornada de convivencia co CEIP Lagostelle de Guitiriz que, coma nós traballaron coa obra de Ana nas súas aulas.

Nun encontro ben agradable, a autora do libro " Nin me amoles" contou unha serie de historias que deixaban entrever unhas cantas reflexións. Versaban sobre a autoestima, a propia aceptación, a superación, os valores do esforzo, o feminismo, os arraigados roles de xénero que deben mudar, os esteriotipos da sociedade actual... pero sempre dende o humor e empregando unha dinámica de participación e implicación do alumnado.



Se a todo isto lle sumamos a oportunidade de recibir no noso cole aos compañeiras e compañeiras do cole veciño, o encontro non pode ser mellor👌

Tanto é así que, Radio Corpiño ten novo podcast entrevistando a nosa convidada.



Unha sesión inmellorable para ambos club de lectura, podendo socializar, interactuar, intercambiar, xogar, conversar, rir...da man da lectura.

Agardamos máis actividades, que sexa a primeira de moitas👥

Mil gracias Ana por aceptar a nosa invitación e deleitarnos co teu bo contar👏